Congreso Álvarez Blázquez en Tui os días 11, 12 e 13 de decembro de 2008. Axenda.

11 DE DECEMBRO, XOVES
9:00 a 9:30 h
Recepción e reparto de documentación

9:30 a 10:00 h
Inauguración

10:00 a 10:45 h
Conferencia inaugural
Xosé L. Méndez Ferrín
“A literatura galega interpretada
por Xosé M.ª Álvarez Blázquez”

10:45 a 12:00 h
Comunicacións
Alfonso Álvarez Cáccamo, Alfonso Álvarez Gándara
e Emilio Álvarez Rei

“Achega da familia Álvarez á construción do país”

12:00 a 12:30 h
Descanso

12:30 a 14:00 h
Visita guiada ao Museo Catedralicio

16:30 a 17:00 h
Relatorio
Eduardo Méndez Quintas
“Reflexións en voz alta sobre o labor arqueolóxico
de Xosé M.ª Álvarez Blázquez”
17:00 a 18:15 h
Comunicacións
Manuel Bragado e Víctor Freixanes
“Álvarez Blázquez, editor”

18:15 a 19:30 h
Debate conxunto

12 DE DECEMBRO, VENRES
10:00 a 10:30 h
Relatorio
Xosé R. Pena
“Xosé M.ª Álvarez Blázquez, canonizador
e investigador da nosa literatura”

10:30 a 11:00 h
Relatorio
X. R. Barreiro
“A obra histórica de Álvarez Blázquez”

11:00 a 11:30 h
Descanso

11:30 a 12:00 h
Rafael Sánchez Bargiela
“Xosé M.ª Álvarez Blázquez e a súa familia:
un corazón aberto na vella cidade tudense”

12:00 a 13:00 h
“O coleccionismo”
Mesa redonda. Moderador:
Xosé L. Méndez Ferrín
Carlos Pérez -Fonterosa Antón, José Manuel González

Troncoso e Ernesto Iglesias Almeida

13:00 a 14:00 h
Roteiro Xosé M.ª Álvarez Blázquez

16:30 a 17:00 h
Relatorio
Manuel Forcadela.
“A narrativa galega de Xosé M.ª Álvarez Blázquez”

17:00 a 18:15 h
Comunicacións
Carlos García Martínez e Fernando Acuña Castroviejo
“Xosé M.ª Álvarez Blázquez e a arqueoloxía da resistencia”

18:15 a 19:15 h
Debate conxunto

13 DE DECEMBRO, SÁBADO
10:00 a 10:30 h
Relatorio
Xosé M.ª Álvarez Cáccamo
“Xosé M.ª Álvarez Blázquez: a paixón das orixes”

10:30 a 11:30 h
Comunicacións
Ana Acuña, Ramón Nicolás e Carlos Bernárdez
“Xosé M.ª Álvarez Blázquez, unha voz propia e honrada”

11:00 a 12:00 h
Descanso

12:00 a 13:00 h
Debate conxunto

13:00 a 13:45 h
Conferencia de clausura
Darío Xohán Cabana
“Xosé M.ª Álvarez Blázquez, editor revolucionario”

13:45 h
Clausura

Inscrición
Estudantes e desempregados: inscrición gratuíta.
A inscrición formalizarase enviando un correo electrónico a
secretaria@realacademiagalega.org en que se fará constar:
nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono,
correo electrónico e modo de inscrición.

Licenciados e profesores: 20 euros
O ingreso da cota correspondente farase na entidade
CAIXA GALICIA, número de conta: 2091 1023 32 3040000148,
indicando “Congreso Álvarez Blázquez” e máis os datos persoais.
Deberase enviar copia do ingreso por correo ordinario ou fax
á Real Academia Galega (Tabernas, 11 – 15001 A Coruña,
teléfono e fax: 981 207 308).

Admitiranse un número máximo de 100 solicitudes
por rigorosa orde de inscrición. Está solicitado un crédito de libre elección (30 horas) para todos os matriculados. Entregarase un certificado de asistencia aos congresistas que teñan acreditado ter participado no Congreso mediante un sistema de sinaturas.