Programa da XXIII Festa do Cabaqueiro. O Rosal, 2010


DÍAS 8, 9, 10, 11 e 12 DE OUTUBRO, 2010

PRAZA DO CALVARIO

O ROSAL ROCK ‘10
Día 8, a partir das 22:00 horas con este cartel:
Tres Trebóns e os Homes Sen Medo
The Inspectors
Santos Morcegos
The Winning Numbers

OBRADOIRO PARA NENOS/AS
Días 9 e 11, a partir das 17:00 horas, obradoiro para nenos/as de elaboración e pintado de tellas, goma eva e de reciclaxe.

FESTIVAL DE PANDERETEIRAS
Actuarán os grupos: Lirolai, Orballo, Río Folón e Ir e Vir.

II CAMPIONATO DE FUTBOLÍN “OS CABAQUEIROS” (9 e 10 de outubro)
Celebrarase durante os días 9 e 10 na Praza do Calvario a partir das 11 da mañá. Cóntase con catro futbolíns e un máximo de 25 parellas. O prazo de inscrición (10 € persoa) rematará o 5 de outubro.

Este ano, ademais, celebrarase un CAMPIONATO DE PLAYSTATION e haberá xogos de mesa como as cartas ou o parchís; e outros tradicionais como por exemplo a . Máis información no Departamento de Cultura e Turismo (986 62 50 00).

Así mesmo “Paco Blanco, artesán das filloas” o sábado e domingo preparará filloas á pedra.

DÍA 10: II FESTIVAL DE MÚSICA FOLK
Actuarán: Deixandar, O Son das Ondas e Virabombar de Caminha

DÍA 11: VERBENA E BAILE coas orquestras Atenas e Galilea

DÍA 12 DE OUTUBRO
Ás 12 horas, MISA Solemne, cantada pola Coral Ecos do Folón

CONCERTO de música ofrecido pola Banda de Música do Rosal

Ás 16.30 horas: Entrega de trofeos do II Campionato de Futbolín

A partir das 17 horas: XXIII FESTA DE LEMBRANZA “OS CABAQUEIROS”

Pregoeiro: D. José Manuel Bouzón Pintos, investigador, conferenciante e profesor.

DEMOSTRACIÓN DE OFICIOS
Cabaqueiro, talla en madeira e elaboración de xoias

EXPOSICIÓNS CULTURAIS
Pezas tradicionais do oficio de cabaqueiro e mostra colectiva de pintura, serigrafía e escultura de Basilio Calzado, Gemma Marqués, Carmen Gómez, Emilio Cabezas e Gerardo Rebagliate.

XVIII Feira do Viño do Rosal

1.- GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA FEIRA DO VIÑO 2010

O guardés Miguel Rodríguez Amenedo gaña o concurso de carteis da XVIII Feira do Viño do Rosal.

A XVIII Feira do Viño do Rosal, que se celebrará os días 16, 17 e 18 de xullo na Praza do Calvario, e que reúne á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal, xa ten cartel anunciador logo de que o xurado convocado ao efecto elixise para anunciar este evento o cartel presentado polo deseñador guardés Miguel Rodríguez Amenedo.

A Feira, que está consolidada, recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén disfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

2.- INAUGURACIÓN DA FEIRA

A mesma levarase a cabo o venres 16, ás 20:00 horas, no recinto feiral. A persoa encargada de inaugurar a Feira será o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas D. Agustín hernández Fernández de Rojas.


3.- ORZAMENTO FEIRA

Sobrepasou os 49.000€ na pasada edición.

Gastos principais: publicidade, iluminación e son, decoración, persoal, stands e carpas, ambientación musical...

Ingresos: achega do concello e subvencións de varias institucións (Consello Regulador, Deputación Provincial, Consellería de Medio Rural, Dirección Xeral de Turismo e Cámara de Comercio de Tui) e venda de cataviños.

4.- DISPOSICIÓN DO RECINTO FEIRAL

Na Praza:
Stands: entre 11 adegas, 1 de produtos vexetais e o Consello Regulador
Carpas: produtos gastronómicos (polbo, carne ó caldeiro, empanada, postres caseiros, embutidos...)

No centro da praza: Información e venda de cataviños

5.- AMBIENTACIÓN MUSICAL

Venres, a partir das 22:00: Charanga Nova Cubana
Sábado, a partir das 20:30 horas: Charanga Apeles
Domingo, a partir das 20:30 horas: Charanga Vaite Xa

6.- SERVIZO GRATUÍTO DE TRANSPORTE

Igual que en edicións anteriores, haberá un servizo gratuíto de transporte entre A Guarda e O Rosal con saída da Guarda a partir das 21:30 horas o venres e a partir das 19:30 o sábado e o domingo; os autobuses sairán “ás medias” da Guarda e a “en punto” do Rosal ata as 2:00 da mañá, agás o domingo que rematará ás 00:00 horas.

7.- STANDS PREVISTOS

1. Pedregales
2. Aldea de Abaixo
3. Quinta Couselo
4. Lar do Vieira
5. Santiago Ruiz
6. Lagar de Fornelos
7. Valmiñor
8. Terras Gauda
9. A Rosaleira; produtos vexetais envasados.
10. Consello Regulador
11. Remesal
12. Ruta do Viño Rías Baixas

8.- PRODUTOS GASTRONÓMICOS PREVISTOS

1. Restaurante Xantar
2. Restaurante Xeito
3. Restaurante O Cangrexal
4. Restaurante O Roxo
5. Mundo Albariño
6. María Teresa Piñeiro Romero
7. Sebastián Guerreiro Carnero
8. Restaurante “A Granxa”

PROGRAMA DA FEIRA 2010

Venres, 16 de xullo

20:00 Inauguración a cargo do Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández Fernández de Rojas.

20:30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

22:00 Actuación da Charanga Nova Cubana

Sábado, 17 de xullo

10.00 Curso de cata na extensión agraria.

11:00 Apertura do recinto feiral

20:00 Actuación da Charanga Apeles

Domingo, 18 de xullo

11:00 apertura do recinto feiral

20:00 Actuación da Charanga Vaite Xa

24:00 Clausura da Feira


9.- ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA

A - Exposicións Culturais do 16 ó 25 de xullo

Do 16 ó 25 de xullo EXPOSICIÓNS CULTURAIS:
• Exposición de Cadros pintados en cerámica (César Táboas Franco)
• Exposición de Esculturas de Cerámica (Rogelio Fortes Alonso)

B – Exposición Filatélica do 16 ó 18 de xullo

Do 16 ó 18 de xullo XVII Exposición FILATÉLICA a cargo do Grupo Filatélico e Numismático VAL DE O ROSAL. O Grupo Filatélico, igual que nas demais edicións, realizou un cuño especial conmemorativo do evento. Este cuño estamparase na correspondencia que saia do Rosal durante os días da Feira.

Deixa o teu comentario, a túa opinión ou idea

Lembramos que Noticias O Rosal é unha web "INDEPENDENTE E APOLÍTICA". Agradecemos o envío de certos escritos para que os publiquemos, pero recalcamos que a nós tan só nos move a CULTURA e o AMOR polo Rosal.

¡Agardamos contar con vós.. .... e por suposto coa vosa opinión e ideas!

¡Graciñas e saúdos!

Programación cultural xuño 2010 no Rosal

Facede clic sobre a imaxe para ampliar a información.


Programa das Festas de San Isidro 2010 no Rosal


FESTAS DE SAN ISIDRO LABRADOR
PATRÓN DOS AGRICULTORES

Os días 15 e 16 de maio de 2010

SÁBADO 15
Ás 21 horas, Verbena coa orquestra “Nueva Moda” e o grupo “Arena” que se prolongará ata altas horas da madrugada.

DOMINGO 16
Ás 10 da mañá fará a súa entrada o grupo “A Boalleira” de A Gándara.
Ás 12, Misa Solemne con Sermón e Procesión.
Xa de tarde e ás 19 horas, actuación de “Os Carunchos” que actuaron en TVG.
Ás 20 horas Gran Subasta de produtos típicos, coa actuación do grupo de pandereteiras “Río do Folón”, de Fornelos.
Seguidamente, Gran Verbena a cargo da orquestra “Costa Blanca”.
Dende a Comisión de Festas indican que o recinto estará cuberto.

Programación Cultural do Rosal. Meses de maio-xuño, 2010

MAIO

-DÍA 15:
CINE. Proxección de curtos dixitais do ciclo: A lingua animada. Literatura galega na animación:
“ A escola das areas”, “A xaguarana”, “Alistán, o demo Oveiro”, “Good night mon ami”, “Ignotus”, “Meigallos, sombras e papas de arroz” e “Os defuntos falaban Castelao”.
Lugar: Auditorio Municipal ás 19:30 horas.

-DÍA 17:
Celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010. Este ano dedicado ao poeta UXÍO NOVONEYRA. Haberá actuacións musicais, mencións biográficas e lectura de poesías do autor homenaxeado.
Lugar: Praza do Calvario durante todo o día.

-DÍA 22:
DANZA. Paula Cobián Escola de Danza presenta o espectáculo “TODO DANZA”
Lugar: Auditorio Municipal ás 21:00 horas.

-DÍA 29:
·CONTACONTOS. “Os contos de Pablísimo” no Rincón do Conto.
Lugar: Biblioteca municipal ás 12:00 horas.
·DEPORTE: Exhibicións de actividades deportivas
Lugar: Pavillón Municipal de Deportes ás 18:00 horas
·MÚSICA. Concerto XXIV Aniversario da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal.
Lugar: Auditorio municipal ás 21:00 horas.

XUÑO

-DÍA 5:
MÚSICA. Concerto de NORDESTINAS, música Folk Jazz Fusión, dentro da programación cultural Xacobeo 2010.
Lugar: Auditorio Municipal ás 21:00 horas.

-DÍA 11:
TEATRO. O alumnado do Colexio Manuel Suárez Marquier presenta a obra: “COMEDIA BÍFIDA”.
Lugar: Auditorio Municipal ás 21:00 horas.

-DÍA 12:
CINE. Proxección da película de acción: “GLORIA”
Auditorio Municipal ás 19:30 horas

-DÍA 19:
MAXIA. Cayetano Lledó presenta o espectáculo “Pequena feira máxica”
Lugar: Auditorio Municipal ás 21:00 horas.

-DÍA 26:
MÚSICA. Audicións musicais de fin de curso do alumnado da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.
Lugar: Auditorio Municipal ás 20:30 horas.

Normas de comportamento deste chat-taboleiro de anuncios

NORMAS DE COMPORTAMENTO

EN GALEGO
Ao entrar e saír do chat-taboleiro
Considérase unha falta de educación chegar a un sitio novo e non saudar, non só no chat senón na vida real, así que é máis que recomendable ser educado e cortés ao comenzar e finalizar a charla.
Intenta escribir con todas as letras
Isto non é un móbil, aquí non hai espazo limitado, así que intenta escribir sen abreviaturas e nunha linguaxe normal para que todo o mundo te poida entender.

Normas básicas de comportamento
·É un costume nos chats que escribir en maiúsculas equivale a gritar. Non abuses das maiúsculas agás para casos moi concretos, o resto da xente o agradecerá.

·Non acosar, violentar, insultar, ameazar ou causar molestias a calquera outro usuario ou a un terceiro.

·Non enviar a través do chat ningunha información, datos, textos, enlaces, comunicados ou calquera outro material considerado ilegal, perxudicial, ameazador, abusivo, hostil, difamatorio, obsceno; radical ou eticamente incorrecto, ou referencias discriminatorias sobre tendencias sexuais.

Non é ouro todo o que reluce
·Ten en conta que o que di ou afirma un usuario non ten por que ser certo.

·Sé cauto co que contas, coas informacións que poidas facilitar e co que poidas crer do que contan outros usuarios.

Todos fomos principiantes algunha vez
Sempre hai unha primeira vez para todo, polo tanto, se outro usuario fixera algo mal, axúdalle, faille notar o seu erro nunha conversación privada e non se te esqueza que é moi probable que ese erro xa o cometera con anterioridade.

O chat-taboleiro está en período de probas e pretende ser -ademais dun lugar de unión e achegamento entre as persoas que están na vila e as que están fóra- un sitio de lecer e esparcimento, de cultura, de amizade...

Por todo isto lembramos que Noticias O Rosal é un blog independente e apolítico, que rexeita o "danoca" e que contará para esta nova sección cun moderador que se encargará de que, quen non cumpra estas pequenas normas, sexa automaticamente amoestado ou en caso de persistencia, finalmente eliminado do servizo.

Agardando que o chat-taboleiro de anuncios sexa de utilidade, recibide un cordial saúdo.

J.R.M.B.

Coordinador de Noticias O Rosal / A Comarca



NORMAS DE COMPORTAMIENTO

EN CASTELLANO
Al entrar y salir del chat-tablón
Se considera una falta de educación llegar a un sitio nuevo y no saludar, no sólo en el chat sino en la vida real, así que es más que recomendable ser educado y cortés al comenzar y finalizar la charla.
Intenta escribir con todas las letras
Esto no es un móvil, aquí no hay espacio limitado, así que intenta escribir sin abreviaturas y en un lenguaje normal para que todo el mundo te pueda entender.

Normas básicas de comportamiento
·Es una costumbre en los chats que escribir en mayúsculas equivale a gritar. No abuses de las mayúsculas salvo para casos muy concretos, el resto de la gente te lo agradecerá.

·No acosar, violentar, insultar, amenazar o causar molestias a cualquier otro usuario o a un tercero.

·No enviar a través del chat ninguna información, datos, textos, enlaces, comunicados o cualquier otro material considerado ilegal, perjudicial, amenazador, abusivo, hostil, difamatorio, obsceno; racial o éticamente incorrecto, o referencias discriminatorias sobre tendencias sexuales.

No es oro todo lo que reluce
Ten en cuenta que lo que dice o afirma un usuario no tiene por qué ser cierto. Sé cauto con lo que cuentas, con las informaciones que puedas facilitar y con lo que puedas creer de lo que cuentan otros usuarios.

Todos hemos sido principiantes alguna vez
Siempre hay una primera vez para todo, todos hemos sido, alguna vez, principiantes. Por lo tanto, si otro usuario hiciera algo mal, ayúdale, hazle notar su error en una conversación privada y no se te olvide que es muy probable que ese mismo error ya lo haya cometido con anterioridad.
El chat-tablón está en período de pruebas y pretende ser -además de un lugar de unión y acercamiento entre las personas que están en la villa y las que están fuera- un sitio de ocio y esparcimiento, de cultura, de amistad...
Por todo esto recordamos que Noticias O Rosal es un blog independente y apolítico, que rechaza lo "danoca" y que contará para esta nueva sección con un moderador que se encargará de que, quien no cumpla estas pequenas normas, sea automáticamente amonestado o en caso de persistencia en su actitud, finalmente eliminado del servicio.
Esperando que el chat-tablón de anuncios sea de utilidad, recibid un cordial saludo.
J.R.M.B.
Coordinador de Noticias O Rosal / A Comarca

In memoriam, por Manuel José Fernández Gómez

Yo que te vi nacer, que recuerdo con añoranza tus débiles ramas donde ataba las cuerdas de la gamela cuando venía de pesca o de caza, o simplemente de dar un paseo por el río. Con el paso del tiempo las arenas acumuladas a tus pies y tu cuerpo enriquecido por las aguas del Tamuxe fueron separándonos, pero tú seguías allí como un faro en ese puerto de abrigo. Después fuiste la sombra y el abrigo de las tardes de verano. Debajo de tus ramas nos refugiábamos en las tardes calurosas, artistas, mayores, niños… y tú, modestamente, te dejabas querer y abrías tus ramas como brazos amorosos para recogernos debajo de ti, humilde, sencillo, pero majestuoso con el orgullo de estar en un sitio privilegiado. Ahora, con la excusa de la sin razón, te han cortado. Tu tronco cercenado queda de recuerdo como una lápida imperecedera en el terreno, y los que hemos disfrutado de tu existencia te guardamos en nuestro recuerdo y nos preguntamos... ¿por qué? ¿qué mal hacías? y pedimos a Dios que de tu bravura, de tu lucha por la vida día a día, vuelvas a resurgir y así, pese a quien pese, volvamos a disfrutar, si no nosotros, las futuras generaciones de ti. Nos vas a faltar, te echaremos de menos.

Manuel José Fdez. Gómez “Machote”

Bases do Concurso de Entroido do Rosal 2010

CONCURSO DE CARROZAS, COMPARSAS, GRUPOS E DISFRACES INDIVIDUAIS

BASES

PRIMEIRA.- O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2010 o domingo, 14 de febreiro, ás 11:30 horas.

O desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (desde o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a rotonda da Feira).

SEGUNDA.- A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata as 13:00 h. do día 13 de febreiro.

Xunto coa solicitude de inscrición, deberán achegar:
- Maiores de idade: fotocopia do DNI.
- Menores de idade: fotocopia do DNI da persoa que os represente e autorización para participar no concurso.
- Unha breve descrición do disfrace que se presenta a concurso, facendo constar tamén o número de acompañantes e o nome do grupo.

As persoas que non presenten solicitude no rexistro xeral tamén poderán participar no desfile pero non terán opción a premio.

TERCEIRA.- As modalidades que poderán participar no concurso son:

- Carroza: Considéranse carrozas un grupo de polo menos 6 persoas representando algún tema enriba dun móbil (carro, tractor, motocultor). O condutor poderá ou non ir incluído, déixase a criterio dos participantes.
- Comparsa: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.
- Grupo: Participarán un número de 3 a 9 persoas
- Individual: Fará constar o nome do disfrace e da persoa que se presenta (inclúense nesta categoría, a parella de disfraces que pola súa condición requiran participar xuntos, e considérase incluído na categoría xuvenil-adulto, cando un deles teña máis de 12 anos).
Inclúense nesta categoría as modalidades de:
- Infantil, ata 12 anos - Xuvenil-adulto, a partir de 13 anos


CUARTA.- A cualificación das carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais será determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por un Presidente (a concelleira de cultura ou a persoa en quen delegue) e cinco vogais en representación das entidades socioculturais do Concello, que serán nomeados pola Concellaría de Cultura actuando como secretario/a o de menor idade.

QUINTA.- Cada membro do Xurado calificará de 1 a 10 cada carroza, comparsa, grupo e disfrace individual participante. No suposto de empate, procederase a unha segunda puntuación.

SEXTA.- Concederanse os seguintes premios:

A) CARROZAS:

1º PREMIO……...……………………………………...…250 €
2º PREMIO ………………………………………………..190 €
3º PREMIO ………………………………………………..160 €

B) COMPARSAS:

1º PREMIO ………………………………………………. 200 €
2º PREMIO ………………………………………………..175 €
3º PREMIO ………………………………………………..150 €

C) GRUPOS:

1º PREMIO………………………………………………... 150 €
2º PREMIO……………………………………………….…100 €
3º PREMIO…………………………………………………. 75 €


D) INDIVIDUAIS:

INFANTIL:

1º PREMIO …………………………………………………100 €
2º PREMIO …………………………………………………. 75 €
3º PREMIO …………………………………………………. 60 €

XUVENIL-ADULTO:

1º PREMIO …………………………………………………100 €
2º PREMIO …………………………………………………. 75 €
3º PREMIO …………………………………………………. 60 €

Os premios poderán ser declarados desertos polo Xurado do Concurso.

SÉTIMA.- A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do Entroido: unha vez feita a avaliación polo Xurado, o secretario fará público o resultado, mediante a lectura da acta correspondente.

OITAVA.- A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.


O Rosal, 12 de xaneiro de 2010
O ALCALDE
Jesús Mª Fernández Portela

Actos relixiosos na honra da Virxe da Saúde e San Brais

Venres 22 de xaneiro:
Comezo da Novena Solemne.
Dende o 22 ata o 30 de xaneiro, ás 17:30 horas, Rosario, Novena Solemne e Misa cantada á Virxe da Saúde. Os sábados 23 e 30, a Novena se adianta ás 17 horas.


Martes 2 de febreiro:
Virxe da Saúde. Bendición Candelas.
Ás 10 da mañá e ás 6 da tarde, misas rezadas. Ás 11:30 horas, Misa solemne na honra da Virxe.


Mércores 3 de febreiro:
San Brais. Bendición do Pan.
Ás 10 da mañá e ás 6 da tarde, misas rezadas. Ás 11:30 horas, misa solemne na honra a San Brais.


Sábado 6 de febreiro:
Celebración solemne de San Brais, bispo e mártir. Ás 10 e 11 da mañá e 6 da tarde, misas rezadas. Ás 12, misa solemne na honra de San Brais con sermón e procesión solemne.


Domingo 7 de febreiro:
Celebración solemne da Virxe da Saúde. Ás 9, 10 e 11 da mañá e 6 da trade, misas rezadas. Ás 12, misa solemne na honra da Virxe da Saúde con sermón e grandiosa procesión.


NOTA: Todos os días da Novena haberá un confesor á disposición dos romeiros e devotos. Así mesmo, na capela de ofrendas se disporá de velas grandes e pequenas de promesa, exvotos de cera e velóns de ofrenda.


O venres 12 de febreiro, ás 17:00 horas, se celebrará o Funeral Solemne por todos os romeiros devotos falecidos no ano anterior e ata a actualidade.

Mensaxe de Manuel Sobrino Senra

Velaquí vos deixamos a mensaxe de indignación e tamén de solicitude de axuda do noso amigo Manuel Sobrino Senra, coordinador de Terrorismo Ambiental, en referencia a un canciño perdido -ou abandonado- na Guarda o luns:

"Ayer, lunes 4 de enero, a eso de las 20:00 h. de la tarde, apareció un perrito al lado de nuestra casa. Era de noche y apenas se veía, por lo que tardamos un rato en darnos cuenta de lo que pasaba. Nos acercamos y pudimos comprobar que efectivamente, un perro con mal aspecto, cansado y débil se tambaleaba de un lugar a otro, desorientado, muy cerca de la carretera, amenazado por el paso continuo de los coches. Después comprendimos que su paso lento y torpe se debía a una visible cojera. Tal vez alguno de los coches le golpeara una pata. Su aspecto era descuidado... ¿Cúanto tiempo llevaría vagando solo por las calles? No lo sabemos. Lo que sí podemos asegurar con certeza es que de no haberlo visto y recogido mi padre a tiempo, apenas le quedarían unos minutos de vida antes de que algún coche se lo llevara por delante. Al poco tiempo lo metimos en nuestra casa. Le dimos de comer (debía de estar hambriento porque practicamente "devoraba" todo) y de beber. Con más tranquilidad, hoy por la mañana pudimos verlo por fin, con la luz del día. Ya apenas cojea. Aunque todavía le tenemos que dar un buen baño, peinarlo y ponerlo un poco más "guapo". De ahí que en las fotos no salga demasiado favorecido :). No sabemos de quien puede ser, ni si se escaparía de alguna casa cercana, o si por el contrario fue cobardemente abandonado por alguien. La gran mayoría de mis contactos sois de A Guarda o alrededores, y quien sabe, tal vez así tengamos suerte y este mensaje llegue al antiguo amo del animal, o a algún familiar cercano de este, y puedan recuperarlo. Eso sería lo ideal. La otra opción sería encontar algún alma caritativa que realmente quiera quedarse con él, y darle una segunda oportunidad. El perro parece un poco viejo, quizá un pelín sordo. Pero esto no debe ser motivo para rechazarlo. ¡Todo lo contrario! ¡Es muy bueno y se merece lo mejor! El animal apareció en Salcidos, por la zona del Coruto Vello, en la carretera general. (Calle Diego Antonio González). Para cualquier cosa no dudéis en agregarme. También podéis poneros en contacto conmigo vía e-mail:
o por móvil 600 296 369.
¡¡Gracias por vuestra colaboración!! ;)"


Manuel Sobrino Senra
A Guarda, 5 - I - 2010