CONCURSO DE CARROZAS, COMPARSAS, GRUPOS E DISFRACES INDIVIDUAIS
BASES
PRIMEIRA.- O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2010 o domingo, 14 de febreiro, ás 11:30 horas.
O desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (desde o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a rotonda da Feira).
SEGUNDA.- A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata as 13:00 h. do día 13 de febreiro.
Xunto coa solicitude de inscrición, deberán achegar:
- Maiores de idade: fotocopia do DNI.
- Menores de idade: fotocopia do DNI da persoa que os represente e autorización para participar no concurso.
- Unha breve descrición do disfrace que se presenta a concurso, facendo constar tamén o número de acompañantes e o nome do grupo.
As persoas que non presenten solicitude no rexistro xeral tamén poderán participar no desfile pero non terán opción a premio.
TERCEIRA.- As modalidades que poderán participar no concurso son:
- Carroza: Considéranse carrozas un grupo de polo menos 6 persoas representando algún tema enriba dun móbil (carro, tractor, motocultor). O condutor poderá ou non ir incluído, déixase a criterio dos participantes.
- Comparsa: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.
- Grupo: Participarán un número de 3 a 9 persoas
- Individual: Fará constar o nome do disfrace e da persoa que se presenta (inclúense nesta categoría, a parella de disfraces que pola súa condición requiran participar xuntos, e considérase incluído na categoría xuvenil-adulto, cando un deles teña máis de 12 anos).
Inclúense nesta categoría as modalidades de:
- Infantil, ata 12 anos - Xuvenil-adulto, a partir de 13 anos
CUARTA.- A cualificación das carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais será determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por un Presidente (a concelleira de cultura ou a persoa en quen delegue) e cinco vogais en representación das entidades socioculturais do Concello, que serán nomeados pola Concellaría de Cultura actuando como secretario/a o de menor idade.
QUINTA.- Cada membro do Xurado calificará de 1 a 10 cada carroza, comparsa, grupo e disfrace individual participante. No suposto de empate, procederase a unha segunda puntuación.
SEXTA.- Concederanse os seguintes premios:
A) CARROZAS:
1º PREMIO……...……………………………………...…250 €
2º PREMIO ………………………………………………..190 €
3º PREMIO ………………………………………………..160 €
B) COMPARSAS:
1º PREMIO ………………………………………………. 200 €
2º PREMIO ………………………………………………..175 €
3º PREMIO ………………………………………………..150 €
C) GRUPOS:
1º PREMIO………………………………………………... 150 €
2º PREMIO……………………………………………….…100 €
3º PREMIO…………………………………………………. 75 €
D) INDIVIDUAIS:
INFANTIL:
1º PREMIO …………………………………………………100 €
2º PREMIO …………………………………………………. 75 €
3º PREMIO …………………………………………………. 60 €
XUVENIL-ADULTO:
1º PREMIO …………………………………………………100 €
2º PREMIO …………………………………………………. 75 €
3º PREMIO …………………………………………………. 60 €
Os premios poderán ser declarados desertos polo Xurado do Concurso.
SÉTIMA.- A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do Entroido: unha vez feita a avaliación polo Xurado, o secretario fará público o resultado, mediante a lectura da acta correspondente.
OITAVA.- A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.
O Rosal, 12 de xaneiro de 2010
O ALCALDE
Jesús Mª Fernández Portela

No hay comentarios:
Publicar un comentario