Venres 22 de xaneiro:
Comezo da Novena Solemne.
Dende o 22 ata o 30 de xaneiro, ás 17:30 horas, Rosario, Novena Solemne e Misa cantada á Virxe da Saúde. Os sábados 23 e 30, a Novena se adianta ás 17 horas.
Martes 2 de febreiro:
Virxe da Saúde. Bendición Candelas.
Ás 10 da mañá e ás 6 da tarde, misas rezadas. Ás 11:30 horas, Misa solemne na honra da Virxe.
Mércores 3 de febreiro:
San Brais. Bendición do Pan.
Ás 10 da mañá e ás 6 da tarde, misas rezadas. Ás 11:30 horas, misa solemne na honra a San Brais.
Sábado 6 de febreiro:
Celebración solemne de San Brais, bispo e mártir. Ás 10 e 11 da mañá e 6 da tarde, misas rezadas. Ás 12, misa solemne na honra de San Brais con sermón e procesión solemne.
Domingo 7 de febreiro:
Celebración solemne da Virxe da Saúde. Ás 9, 10 e 11 da mañá e 6 da trade, misas rezadas. Ás 12, misa solemne na honra da Virxe da Saúde con sermón e grandiosa procesión.
NOTA: Todos os días da Novena haberá un confesor á disposición dos romeiros e devotos. Así mesmo, na capela de ofrendas se disporá de velas grandes e pequenas de promesa, exvotos de cera e velóns de ofrenda.
O venres 12 de febreiro, ás 17:00 horas, se celebrará o Funeral Solemne por todos os romeiros devotos falecidos no ano anterior e ata a actualidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario