ENTROIDO 2009 EN O ROSAL

BASES
PRIMEIRA.- O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2009 o domingo, 22 de febreiro, ás 11:30.

O desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (desde o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a rotonda da feira)

SEGUNDA.- A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata ás 13:00 h. do día 21 de febreiro.

Xunto coa solicitude de inscrición, deberán achegar:
- Maiores de idade: fotocopia do DNI.
- Menores de idade: fotocopia do DNI da persoa que os represente e autorización para participar no concurso.
- Unha breve descrición do disfrace que se presenta a concurso.

As persoas que non presenten solicitude no rexistro xeral tamén poderán participar no desfile pero non terán opción a premio.

TERCEIRA.- As modalidades que poderán participar no concurso son:

- Carroza: Considéranse carrozas un grupo de alomenos 6 persoas representando algún tema enriba dun móbil ( carro, tractor, motocultor. O conductor poderá ou non ir incluído, déixase a criterio dos participantes).
- Comparsa: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.
- Grupo: Participarán un número de 3 a 9 persoas
- Individual: Fará constar o nome do disfrace e da persoa que se presenta
(inclúense nesta categoría, a parella de disfraces que pola súa condición requiran participar xuntos, e considérase incluído na categoría xuvenil-adulto, cando un deles teña máis de 12 anos).
Inclúense nesta categoría as modalidades de:
- Infantil, ata 12 anos
- Xuvenil-adulto, a partir de 13 anos

CUARTA.- A cualificación das carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais será determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por un Presidente (a concelleira de cultura ou a persoa en quen delegue) e cinco vogais en representación das entidades socioculturais do Concello, que serán nomeados pola Concellaría de Cultura actuando como secretario/a o de menor idade.

QUINTA.- Cada membro do Xurado calificará de 1 a 10 cada carroza, comparsa, grupo e disfrace individual participante. No suposto de empate, procederase a unha segunda puntuación.

SEXTA.- Concederanse os seguintes premios:

A) CARROZAS:

1º PREMIO……...…………………………………………250 €
2º PREMIO ……………………………………………….175 €
3º PREMIO ……………………………………………….150 €

B) COMPARSAS:

1º PREMIO ……………………………………………… 200 €
2º PREMIO ………………………………………………175 €
3º PREMIO ………………………………………………150 €

C) GRUPOS:

1º PREMIO………………………………………………. 150 €
2º PREMIO……………………………………………....100 €
3º PREMIO……………………………………………….. 75 €


D) INDIVIDUAIS:

INFANTIL:

1º PREMIO …………………………………………….…100 €
2º PREMIO ………………………………………………. 75 €
3º PREMIO ………………………………………………. 60 €

XUVENIL-ADULTO:

1º PREMIO …………………………………………….…100 €
2º PREMIO ………………………………………………. 75 €
3º PREMIO ………………………………………………. 60 €

Os premios poderán ser declarados desertos polo Xurado do Concurso.

SÉTIMA.- A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do Entroido: unha vez feita a avaliación polo Xurado, o secretario fará público o resultado, mediante a lectura da acta correspondente.

OITAVA.- A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.


O Rosal, 16 de Xaneiro de 2009
O Alcalde
Jesús Mª Fernández Portela