Programa da XVII Feira do Viño do Rosal 2009

VENRES 17 DE XULLO
20:00 h - Inauguración da Feira
20:30 h - Visita aos expositores e degustación de viños do Rosal
22:00 h - Charanga Apeles

SÁBADO 18 DE XULLO
11:00 h - Apertura do recinto feiral
11:00 h - Cata comentada a cargo da consultora de viños, Cristina Alcalá
Dirixido a profesionais da enoloxía e adegueiros. Información e inscricións na Oficina Agraria Comarcal do Rosal e no teléfono 986 625166
Pola tarde II Torneo Minifútbol Feira do Viño no Campo de Fútbol da Mata
20:00 h - Charanga Air Jalisia

DOMINGO 19 DE XULLO
11:00 h - Apertura do recinto feiral
20:00 h - Charanga Charandonga
24:00 h - Clausura da Feira
Nesta XVII Feira do Viño do Rosal participarán a maioría das bodegas da Subzona do Rosal con Denominación de Orixe Rías Baixas, así como diversos postos de produtos gastronómicos. Estes días tamén terán lugar distintas exposicións culturais como vén sendo costume:
Do 17 ao 19 de xullo:
XVI Exposición Filatélica: Grupo Filatélico e Numismático Val de O Rosal. Lugar: Salón de Plenos do Concello no horario da XVII Feira do Viño do Rosal.
Do 17 ao 26 de xullo:
Pintura: Grupo Impás
Macramé: Elisa Conde
Lugar: Sala de Exposicións do Concello en horario de mañá e tarde
SERVIZO GRATUÍTO DE TRANSPORTE
Haberá un servizo gratuíto de transporte entre A Guarda e O Rosal con saída da Guarda a partir das 21:30 horas o venres e a partir das 19:30 horas o sábado e o domingo. Os autobuses sairán "ás medias" da Guarda e a "en punto" do Rosal ata as 2:00 da mañá, agás o domingo que rematará ás 00:00 horas.